Programa IACOBUS

O día 11 de abril de 2014, na GNP, AECT, foi asinado o Protocolo de Cooperación Cultural, Científica e Pedagóxica entre Universidades e Centros de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que ten como obxectivos promover o desenvolvemento do Ensino Superior e a investigación científica e tecnolóxica na Eurorrexión. Deste Protocolo naceu o Programa IACOBUS.

O Programa IACOBUS ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal - Profesores; Investigadores; Persoal de Administración e Servizos (PAS), facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación. Esta iniciativa da Eurorrexión é pioneira en Europa e a GNP, AECT é a súa entidade xestora.

INSTITUCIÓNS COLABORADORAS

  • Xunta de Galicia
  • CCDR-N
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade da Coruña
  • Universidade de Vigo
  • Universidade do Porto
  • Universidade do Minho
  • Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro
  • Universidade Católica Portuguesa – Centro Regional do Porto
  • Instituto Politécnico do Porto
  • Instituto Politécnico de Viana do Castelo
  • Instituto Politécnico de Bragança
  • Instituto Politécnico do Cávado e do Ave
  • Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais  (CEER)

Ata o momento, entre os anos 2014 e 2015 a GNP, AECT lanzou 3 convocatorias IACOBUS, cun orzamento total de aproximadamente  400.000 € para financiar a mobilidade dos candidatos seleccionados.

A GNP, AECT desenvolveu, tamén en 2015, o Programa IACOBUS - FP, convocatoria dirixida a profesores de Formación Profesional (FP) como proxecto piloto. Esta convocatoria de FP permitiu que docentes dos centros de Formación Profesional da Eurorrexión realizasen unha estancia noutro centro de FP ao outro lado da fronteira. Para alén de promover o desenvolvemento do ensino e o fomento da aprendizaxe e a formación do persoal docente, esta convocatoria contribuíu para favorecer a aproximación das competencias profesionais entre as dúas rexións, e promover a equiparación de titulacións de FP na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

No Programa IACOBUS-FP realizáronse 37 estancias cunha dotación financeira de 22.200 €.