Programa IACOBUS

O día 11 de abril de 2014, na GNP, AECT, foi asinado o Protocolo de Cooperación Cultural, Científica e Pedagóxica entre Universidades e Centros de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que ten como obxectivos promover o desenvolvemento do Ensino Superior e a investigación científica e tecnolóxica na Eurorrexión. Deste Protocolo naceu o Programa IACOBUS.

Vídeo Programa IACOBUS en YouTube

O Programa IACOBUS ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal - Profesores; Investigadores; Persoal de Administración e Servizos (PAS), facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación. Esta iniciativa da Eurorrexión é pioneira en Europa e a GNP, AECT é a súa entidade xestora.

O 14 de setembro de 2018 en Porto, tivo lugar a cerimonia de adhesión dos Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ao IACOBUS.

Trala resolución do 11 de decembro de 2020, pasan a formar parte do Programa IACOBUS Estancias de Investigación as Fundacións, Centros Académicos Clínicos e Institutos de Investigación de Saúde da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que están asociados ás Universidades que integran o IACOBUS.

Ata o momento, entre os anos 2014 e 2021 a GNP, AECT xestionou 8 CONVOCATORIAS IACOBUS Estancias, cun orzamento total de 1.276.600 € para financiar 1095 ESTANCIAS DE INVESTIGACIÓN.

En 2018 publícase a primeira Convocatoria do Programa IACOBUS - Publicacións Científicas (Papers). O IACOBUS - Publicacións Científicas ten como obxectivo principal fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e divulgación científica, a través de axudas económicas á publicación de artigos científicos e de investigación en revistas indexadas no vixente Journal Citation Report (JCR) complementado, no ámbito das humanidades, polo índice Scopus®.

Papers beneficiarios da 1ª convocatoria

Papers beneficiarios da 2ª convocatoria

Papers beneficiarios da 3ª convocatoria

 

INSTITUCIÓNS PARTICIPANTES

• Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) vinculada á Universidade de Santiago de Compostela;

• Fundación Profesor Nóvoa Santos, vinculada á Universidade da Coruña;

• Fundación Biomédica Galicia Sur, vinculada á Universidade de Vigo;

• Instituto de Investigação e Inovação em Saúde (i3S), vinculado á Universidade do Porto;

• Centro Clínico Académico - Braga (2CA-Braga), vinculado á Universidade do Minho;

• Centro Académico Clínico ICBAS – CHP, vinculado á Universidade do Porto.